Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10756

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (197/2015-F).

JVB xuízo verbal 197/2015-F

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Dolores Cervero Arroyo

Procuradora: María Freire Rodríguez-Sabio

Avogado: José Alberto Simón Sánchez

Demandada: María Soledad Brión Díaz

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento 197/2015-F seguido por instancia de Dolores Cervero Arroyo fronte a María Soledad Brión Díaz ditouse sentenza do 21 de xullo de 2015 (aclarada por Auto do 30 de xullo de 2015).

E encontrándose María Soledad Brión Díaz en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este, indicándose que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra a devandita resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial