Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10755

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2016 pola que se fai pública a adxudicación para a provisión, polo sistema de libre designación, de distintas prazas desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 26 de xaneiro de 2016, da Universidade da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación (DOG do 3 de febreiro).

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e na delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016, resolve facer pública a adxudicación dos referidos postos do xeito que se indica:

Nº de posto

Denominación

Centro

Apelidos e nome

Nº de rexistro persoal

3

Secretario/a do reitor

Reitoría

Aldao Cadierno, María Teresa

3274960946 A7495

42

Secretario/a

Xerencia

Noya Andrade, María Teresa

3282150646 A7495

239

Secretario/a

Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente

Respino Souto, Ángeles

3279584335 A7495

As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, de 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o reitor, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 15 de marzo de 2016

P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña