Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1145/2015).

Despedimento/cesamentos en xeral 1145/2015

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: María Dolores Veira Cedeira

Avogada: Lidia Vázquez Méndez

Demandados: Bella Signora 1969, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1145/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Veira Cedeira contra Bella Signora 1969, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por María Dolores Veira Cedeira contra a entidade Bella Signora 1969, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto en data 24 de outubro de 2015, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (2.3.2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Bella Signora 1969, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.534,15 € e por salarios de tramitación a razón de 4.436,9 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5 da Coruña Pilar Carreira Vidal».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Bella Signora 1969, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2016

A secretaria xudicial