Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1027/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1027/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Servizo Galego de Saúde, José Manuel Boquete Noya, Rose Villa Balen Pandela e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo rexeitar e rexeito a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), Rose Villa Balen Pandela e o empresario individual José Manuel Boquete Noya e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra estas articuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. A maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, Piar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rose Villa Balen Pandela, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2016

A secretaria xudicial