Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10766

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (422/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 422/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés González Ríos, Juan Carlos Parguiña Bayón, José María Losada Ruibal, Efrén García Baqueta, Jesús Romero Romero, José Manuel Ferreiros Camiña, José Manuel Lourido González, Francisco Diéguez Otero contra a empresa Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Estimando parcialmente a demanda interposta por Andrés González Ríos, Juan Carlos Parguiña Bayón, José María Losada Ruibal, Efrén García Baqueta, Jesús Romero Romero, José Manuel Ferreiros Camiña, José Manuel Lourido González, Francisco Diéguez Otero fronte a Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L., condeno a demandada a que aboe aos demandantes as seguintes cantidades:

– Andrés González Ríos

9.986,40 euros.

– Juan Carlos Parguiña Bayón

8.043,45 euros.

– José María Losada Ruibal

3.823,76 euros

– Efrén García Baqueta

9.290,88 euros.

– Jesús Romero Romero

9.262,08 euros.

– José Manuel Ferreiros Camiña

7.561,72 euros.

– José Manuel Lourido González

8.189,28 euros.

– Francisco Diéguez Otero

9.318,24 euros.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Débese anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. Debe consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación Depósitos e consignacións, co número 5.081 especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de marzo de 2016

A secretaria xudicial