Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10768

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (864/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 864/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Míguez Camino contra Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e outros, se ditaron as seguintes resolucións:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o vinte e seis de febreiro de dous mil dezaseis.

Despois de recibirse devoltas con resultado negativo as notificacións dirixidas ás codemandadas Asociación de Propietarios Rurais e Produtores de Caza de Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego e Asociación de Selvicultores de Galicia e Asociación de Autónomos de Galicia, únanse aos autos. Consúltense as bases de datos informáticas co fin de descubrir o novo domicilio destas.

Non resultando da indagación domiciliaria ningún outro domicilio máis que aquel en que a notificación resultou negativa, notifíquese a presente resolución, así como a dilixencia de ordenación do 17.12.2015 ás devanditas codemandadas por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o dezasete de decembro de dous mil quince.

O anterior exhorto recibido do Xulgado do Social número 3 da Coruña, que xunta testemuño da sentenza ditada no procedemento de despedimento 1224/2014 con expresión da súa firmeza, únase e póñanse os autos á disposición das partes na oficina deste órgano xudicial co fin de que no prazo de tres días aleguen o que conveña ao seu dereito.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación de Propietarios Rurais e Produtores de Caza de Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego e Asociación de Selvicultores de Galicia e Asociación de Autónomos de Galicia, Asociación Comuni-K2, Social Media 21, Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, Consorcio Renaci, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial