Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se cambia o lugar de realización dunha poxa pública dun inmoble situado en Ribadeo.

No Diario Oficial de Galicia número 41, do 1 de marzo de 2016, anunciouse a realización o día 6 de abril de 2016, ás 12.00 horas, no Centro Sociocomunitario da Xunta de Galicia en Ribadeo, na rúa Ibáñez, da cuarta poxa pública dunha vivenda e un garaxe na avenida Rosalía de Castro, 22, de Ribadeo.

Debido ao número de interesados en participar na poxa e ás limitacións de espazo do centro sociocomunitario, anúnciase o cambio de hora e localización da poxa pública, que terá lugar o día 6 de abril de 2016, a partir das 12.30 horas, no Auditorio de Ribadeo, situado na praza de España, 1.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda