Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 783/2015, do 10 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de decembro de 2015, pronunciou a sentenza número 783/2015, ditada no procedemento ordinario nº 4907/2012, interposto pola Compañía Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul, sentenza que, na súa parte dispositiva, literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador César Escariz Vázquez, en nome e representación da Compañía Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul, en relación coa Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia do 27 de xuño de 2012 sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Marín; e declaramos que a previsión de reservas mínimas de solo para equipamentos públicos que establece a ordenación detallada que contén o plan no solo urbano non consolidado do distrito 2 non é conforme dereito, e anulámola; sen imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo