Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo para o estudo do seguimento da abundancia de machos cantores e monitorización da reprodución de paspallás (Coturnix coturnix), cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (PDR).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24433

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 4/2016 CN.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para o estudo do seguimento da abundancia de machos cantores e monitorización da reprodución de paspallás (Coturnix coturnix).

c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato e ata o 31 de agosto de 2018.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 28.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 28.500,00 €. Importe total: 34.485,00 €. O devandito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural nunha porcentaxe máxima do 75 %, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020, medida 7, submedida 07.60.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 5.2 do cadro de características e na cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica de la Consellería de Medio Ambiente
y Ordenación del Territorio