Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 10 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se somete a información pública o anteproxecto de Lei de protección e benestar de animais de compañía en Galicia.

Advertido erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia, número 54, do 18 de marzo de 2016, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 10198, no apartado terceiro do acordo, onde di:

«Preferentemente, mediante correo electrónico, ao seguinte enderezo: dxcn.xunta@es»,

debe dicir:

«Preferentemente mediante correo electrónico, ao seguinte enderezo: dxcn@xunta.es».