Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10180

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (129/2015).

PO procedemento ordinario 129/2015

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: José Luis Mourelle Maroñas

Avogado: Julio César Portela Torrón

Demandados: Cobián y Vidal Franja 31, S.L., Fondo de Garantía Salarial

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 129/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Mourelle Maroñas contra Cobián y Vidal Franja 31, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade p. ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis Mourelle Maroñas, contra a entidade Cobián y Vidal Franja 31, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Cobián y Vidal Franja 31, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.172,03 € brutos, por salarios percibidos nos meses de agosto e setembro de 2013, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, desta mesma anualidade, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cobián y Vidal Franja 31, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial