Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10179

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1196/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1196/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Costa Noya contra Moncho Fuentefría Construcciones, S.L., Antalsis, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Dispoño: ter por desistido a Francisco José Costa Noya da súa demanda fronte a Moncho Fuentefría Construcciones, S.L., Antalsis, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en materia de seguridade social.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Moncho Fuentefría Construcciones, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial