Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10182

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (593/2015).

Branca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 593/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Lorenzo Godoy contra a empresa Confecciones Marblan, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que estimo a demanda interposta por Mª Carmen Lorenzo Godoy fronte á empresa Confecciones Marblan, S.L., declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que a readmita nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento co aboamento dos salarios deixados de percibir ou, á súa elección, a que lle aboe unha indemnización de 1.198,56 € (salvo erro aritmético).

A opción deberá exercerse mediante escrito ou comparecencia na secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e a recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co numero 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Marblan, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial