Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 9992

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2581/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2581/2015

Xulgado de orixe/autos: demanda 1112/2008 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Jorge Castro Dopazo e outros

Recorridos: Fogasa, Ames Obras, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2581/2015-S desta sala, seguido por instancia de Jorge Castro Dopazo, Manuel Seoane Cancela, José Manuel Gens González, Ángel del Río Barco, Manuel Río Buceta, Daniel Saborido Buceta, Maximino Ferro Miramontes, Javier Miguens Miguens, José Benito Morrazo Cores, contra Fogasa, Ames Obras, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Decidimos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual dos demandantes Manuel Seoane Cancela, José Manuel Gens González, Jorge Castro Dopazo, Maximino Ferro Miramontes, José Benito Morrazo Cures, Daniel Saborido Buceta, Manuel Río Buceta, Ángel del Río Barco, Francisco Javier Miguens Miguens, debemos declarar e declaramos a nulidade do auto de data 11 de abril de 2014, ditado polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, e decretamos o sobresemento e arquivamento das actuacións seguidas fronte ás demandadas Ames Obras, S.L. e Gesprovi de Tui, S.L., en reclamación de cantidade. En consecuencia, repoñemos os autos ao momento inmediatamente anterior a ditarse a resolución contra a que se recorre, para que o secretario xudicial proceda a convocar as partes, no prazo de dez días, a unha comparecencia sobre o obxecto de determinar a subsistencia do interese lexítimo dos demandantes.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ames Obras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza