Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 9994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (427/2013).

María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra con sede en Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 427/2013 seguido por instancia de Comercial Goberna, S.L., representado pola procuradora Ana Pazo Irazu, fronte a José Manuel Mastache Álvarez, ditouse sentenza nº 137/2014 o 9 de outubro de 2014, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Pazo, na representación acreditada, debo condenar e condeno a José Manuel Mastache Álvarez a satisfacer á demandante a cantidade de 5.273,35 euros, máis os xuros legais desde a interpretación xudicial, máis os xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX».

E encontrándose o devandito demandado, José Manuel Mastache Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente a fin que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 25 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza