Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 9995

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (162/2015).

María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 162/2015, seguido por instancia de Liberty Seguros, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. fronte a Empresa Fraga de Espectáculos, S.A., ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo o 24 de novembro de 2015.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 162/2015, promovidos por Liberty Seguros, representada polo procurador Sr. Curbera Fernández e asistida do letrado Sr. Borrás Díaz de Rábago, contra a Empresa Fraga Espectáculos, S.A., en situación procesual de rebeldía.

Resolución

Estimando totalmente a demanda promovida pola representación de Liberty Seguros contra a Empresa Fraga Espectáculos, S.A., debo condenar e condeno a demandada a aboar a cantidade de 8.631,57 euros, máis os xuros legais, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra».

E encontrándose o devandito demandado, Empresa Fraga de Espectáculos, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 23 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial