Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 9990

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1899/2013).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1899/2013 desta sección, seguido por instancia de Izar Construciones Navales, S.A., Juan José Rodríguez Abuín contra Fogasa, Navantia, S.A., Empresa Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval SID sobre outros dereitos de Seguridade Social, ditou o Tribunal Supremo a seguinte resolución:

A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, en nome e representación de Juan José Rodríguez Abuín contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 23 de decembro de 2014, no recurso de suplicación número 1899/2013, interposto por Juan José Rodríguez Abuín e Construcciones Navales, S.A., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol, de data 11 de xaneiro de 2013, no procedemento nº 918/2011 seguido a instancia de Juan José Rodríguez Abuín contra Fogasa, Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Reparaciones Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval SID, Montaje y Reparaciones Palmar SID, Izar Construciones Navales en Liquidación, S.A., Navantia, S.A., sobre indemnización de danos e perdas.

Declárase a firmeza da sentenza recorrida, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e o rolo de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos mandamos e asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Empresa Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval SID, Reparaciones Navales e Montajes y Reparaciones Parmar SID, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 25 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza