Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9824

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (342/2015).

Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Antonio Suárez Vilanova contra Anghel Georgeta foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza número 1211/2015.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 24 de setembro de 2015.

Vistos os presentes autos número 342/2015 sobre divorcio, promovidos polo procurador Sr. Roma, en nome e representación de Antonio Suárez Vilanova como demandante asistido pola letrada Sra. Tesouro contra Anghel Georgeta, declarada en rebeldía.

Decido:

Acordar a disolución do matrimonio formado por Antonio Suárez Vilanova e Anghel Georgeta, con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Atribúese o uso e desfrute do domicilio familiar ao demandante.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, e que se debe constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Anghel Georgeta, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 2 de outubro de 2015

A secretaria xudicial