Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (855/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 855/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ildefonso de la Fuente Rivas contra Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Forensic Solution, S.L.P. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Ildefonso de la Fuente Rivas, contra Esabe Vigilancia, S.A. e Forensic Solutions, S.L.P., debo condenar e condeno a mercantil Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 408 euros polos conceptos sinalados no fundamento xurídico terceiro desta resolución, más o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros; e debo condenar e condeno a Forensic Solutions, S.L.P., na súa única condición de administradora concursal de Esabe Vigilancia, S.A., a se ater á dita condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insíranse nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial