Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (812/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 812/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Héctor José Gómez Parapar contra a empresa María Romero García, sobre ordinario, se ditou Sentenza do 21 de decembro de 2015, co número 387/2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Héctor José Gómez Parapar contra María Romero García, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 8.233,17 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución respecto da suma de 5.522,14 euros e os do artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución en relación coa suma correspondente á indemnización por despedimento obxectivo que comporta 2.711,03 euros, máis, para ambos os casos, os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a María Romero García, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle é destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial