Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (157/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 157/2015

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 97/2015

Sobre despedimento

Demandante: María Díaz Otero

Graduado social: Marcos Pérez García

Demandada: Hélice Sousa Fernandes

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 157/15, por instancia de María Díaz Otero contra a executada Hélice Sousa Fernandes, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 25 de febreiro de 2016 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia parcial, por importe de 19.457,06 euros de principal, máis 1.946,37 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza