Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (35/2016 ETX).

Execución de títulos xudiciais 35/2016

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 201/2014

Sobre despedimento

Demandante: Manuel Cao Collazo

Avogado: Sergio Campos Nieto

Demandada: Dado Dadá, S.L.

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar:

Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda:

Execución de títulos xudiciais 35/2016.

Persoa que se cita:

Dado Dadá, S.L., como parte executada.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición á comparecencia sinlada. Fáiselle saber que deberá acudir a tales actos coas probas de que intente valerse.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Berlín, s/n, sala 3, o día 26 de abril de 2016, ás 9.10 horas.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, no impedirá a realización da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS), e, en caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá presentar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán validas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos o seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

O/a secretario/a xudicial