Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9832

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 35/2016).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 35/2016

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 201/2014

Sobre: despedimento

Demandante: Manuel Cao Collazo

Demandada: Dado Dadá, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 35/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Cao Collazo contra a empresa Dado Dadá, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto en data 25 de febreiro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Manuel Cao Collazo fronte a Dado Dadá, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes e a Dado Dadá, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Dado Dadá, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza