Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9823

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (1545/2014-J).

No procedemento de referencia foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva, literalmente copiados, din:

«Sentenza número 945/2015.

Sra. maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 10 de xullo de 2015.

Vistos os presentes autos número 1545/2014 sobre divorcio, promovidos polo procurador Sr. Roma, en nome e representación de Luis Ojea Vázquez, como demandante, asistida polo letrado Sr. Valencia, contra Avelina Masid Belmonte, declarada en rebeldía.

Decido acordar a disolución do matrimonio formado por Luis Ojea Vázquez e Avelina Masid Belmonte, con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución. Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigo 457 e ss LAC) ante este tribunal, e que se debe constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina SSª, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Avelina Masid Belmonte, expídese esta cédula para que sirva de notificación de sentenza. Dou fe.

Ourense, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial