Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9821

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 3ª Civil da Coruña

EDICTO (438/2015).

Peza: RPL. Recurso de apelación (LACN) 438/2015

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 874/2014

Recorrente: Mónica Muíño Gómez

Procuradora: Ana Belén Seco Lamas

Avogado: José Raúl Meizoso Sardiña

Recorrida: Sociedad Aurora de Somozas (en rebeldía)

Eu, Manuel Ferreiro González, letrado da Administración de xustiza na Audiencia Provincial da Coruña, Sección Terceira, certifico que no presente procedemento RPL nº 438/2015, seguido por instancia de Mónica Muíño Gómez contra a entidade declarada rebelde Sociedad Aurora de Somozas, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza: 340/2015.

Peza: recurso de apelación (LACN)-RPL nº 438/2015.

Sentenza.

Audiencia Provincial. Sección Terceira.

Maxistrados:

María Josefa Ruiz Tovar, presidenta.

María José Pérez Pena.

Rafael Jesús Fernández-Porto García.

Na Coruña o 11 de novembro de 2015.

Vistos en grao de apelación ante a Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña os autos de procedemento ordinario 874/2014, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, aos cales correspondeu a peza RPL nº 438/2015, en que aparece como parte apelante/demandante Mónica Muíño Gómez, con DNI nº 32689020-V e domicilio no lugar de Garita, nº 17, da Coruña, representada pola procuradora Sra. Seco Lamas e baixo a dirección do letrado Sr. Meizoso Sardiña, e como apelado/demandado/que non compareceu en rebeldía Sociedad Aurora de Somozas, con domicilio no Foxo, nº 4, As Somozas, sobre danos e perdas por obras, sendo maxistrada relatora María Josefa Ruiz Tovar.

Resolvo:

Estimando o recurso de apelación articulado, revógase a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, do 9 de abril de 2015, e no seu lugar estímase en parte a demanda, condenando a demandada a realizar as obras imprescindibles para evitar descascados e esboroamentos de elementos da edificación ou caídas de anacos de materiais, nas fachadas e na cuberta. Así mesmo, rozaranse as fachadas de maleza para evitar gretamentos e limparase a parcela para evitar a existencia de animais e risco de incendios, o que se levará a cabo en execución de sentenza.

Desestímase o resto das pretensións e non se fai unha especial imposición de custas en ningunha de ambas as dúas instancias.

Decrétase a devolución do depósito constituído.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámola, mandámola e asinámola. Ao estar a entidade demandada, Sociedad Aurora de Somozas, en situación de rebeldía, expídese este edicto para a súa entrega á procuradora Ana Belén Seco Lamas para que o publique no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á dita entidade.

A Coruña, 18 de novembro de 2015

O letrado da Administración de xustiza