Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9419

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (386/2015).

María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario número 386/2015, seguido por instancia de Bufete Hinrichs, C.B. fronte a Promociones Cal de Nigrán, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Vigo, 15 de xaneiro de 2016.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 386/2015, promovidos por Bufete Hinrichs, C.B., representado pola procuradora Sra. Toucedo Guisande e asistida do letrado Sr. García Sendón; contra Promociones Cal de Nigrán, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Parte dispositiva:

Estimando integramente a demanda promovida por Bufete Hinrichs, C.B. contra Promociones Cal de Nigrán, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 6.750,08 euros, máis xuros, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso se deberá acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo “concepto” a indicación “Recurso”, seguida do código “02 Civil-Apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso”, seguida do código “02 Civil-Apelación”.

En caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o acordo, mando e asino».

E, encontrándose a demandada Promociones Cal de Nigrán, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 1 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial