Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9417

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (F02 209/2015).

María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de garda, custodia e alimentos nº 209/2015 seguido por instancia de Remedios Llorente Ortiz fronte a Antonio Javier Santos Santamaría ditouse auto cuxo teor literal é o seguinte:

Auto:

Xuíza/maxistrada-xuíza

Ana María Barral Picado

En Ferrol, vinte e tres de febreiro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Único. Polo procurador Adrián Manivesa Pantín, en nome e representación da demandante Remedios Llorente Ortiz, presentouse escrito interesado a aclaración da sentenza ditada no presente procedemento no sentido de que se corrixa o erro cometido respecto á data desta.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 214.1 da LAC, establece que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero que si aclararán algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que presenten. As aclaracións poderán, segundo establece o punto 2 do mesmo precepto, de oficio, polo tribunal ou letrado da Administración de xustiza, segundo corresponda, dentro dos dous días seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, sendo neste caso resolta por quen tivese ditado a resolución de que se trate dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Segundo. No presente caso a petición foi formulada dentro de prazo e considérase procedente acceder a esta.

Parte dispositiva:

Acordo:

Estimar a petición formulada polo procurador Adrián Manivesa Pantín, en nome e representación da demandante Remedios Llorente Ortiz, de aclarar a sentenza ditada no presente procedemento, no sentido de que a data desta debe de ser a do 2 de febreiro de 2016.

Líbrese certificación desta resolución, que quedará unida a estas actuacións e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas.

Notificar a presente resolución ao demandado Antonio Javier Santos Santamaría, mediante edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Modo de impugnación: contra esta resolución non caberá recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución á que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda SSª; dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Antonio Javier Santos Santamaría, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 23 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza