Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9421

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (372/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 372/2013, por instancia de Viviana Arturi Touriño, contra Mantenimientos Hércules, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 15.2.2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Viviana Arturi Touriño fronte a Mantenimientos Hércules, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Mantenimientos Hércules, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de setecentos catro euros con vinte e tres céntimos de euro (704,23 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mantenimientos Hércules, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial