Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8891

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (1045/2010).

Procedimiento ordinario 1045/2010

Sobre: reclamación de cantidad

Demandantes: José Manuel Rivera Castro, María del Carmen Barreiro Rodríguez

Procuradores: Carlos Javier García Brandariz, Carlos Javier García Brandariz

Avogados: Vanesa Cruz Campos, Vanesa Cruz Campos

Demandados: José Antonio Núñez Vara, Felipe Peña Pereda, Gestión Integral de Obras San Marcos, S.L.

Procuradores: Ana Verónica Sexto Quintas, Manuel José Pedreira del Río, (…)

Avogados: María del Sagrario Cortizo Fernández, Delia María Baptista de Sousa Vieites, (…)

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 1045/2010, seguido por instancia de José Manuel Rivera Castro, María del Carmen Barreiro Rodríguez fronte a José Antonio Núñez Vara, Felipe Peña Pereda, Gestión Integral de Obras San Marcos, S.L., ditouse sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión

Que, estimando en parte a demanda presentada polo procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de José Martínez Rivera Castro e María del Carmen Barreiro Rodríguez, debo condenar e condeno de forma solidaria a Felipe Peña Pereda, José Antonio Núñez Vara e Gestión Integral de Obras San Marcos, S.L., a aboarlles aos demandantes a cantidade de sesenta e seis mil douscentos corenta e cinco euros con noventa e tres céntimos (66.245,93 euros) e a Gestión Integral de Obras San Marcos, S.L. a aboarlles aos demandantes a cantidade de catro mil seiscentos sesenta e tres con noventa céntimos (4.663,9 euros) máis xuros legais desde a interposición da demanda e ata o seu completo pagamento.

As costas serán de cargo da parte demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación, que se interporá neste xulgado, e para a audiencia, no prazo de vinte días contados desde a súa notificación.

Expídase testemuño desta resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Gestión Integral de Obras San Marcos, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 22 de decembro de 2015

A secretaria xudicial