Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8890

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (843/2011).

Eu, Patricia Raposo Fenández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente edicto anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A. fronte a Belén Rodríguez Carneiro ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 158/2015

Procedemento: xuízo ordinario número 843/2011

Parte dispositiva:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda deducida polo procurador Sr. Sanjuán Fernández, quen actúa en nome e representación de Recreativos Mafari, S.L. contra Belén Rodríguez Carneiro e, en consecuencia, declaro a resolución do contrato do 5 de novembro de 2008 e condeno a Belén Rodríguez Carneiro a pagar a Recreativos Mafari, S.L. a cantidade de sete mil trescentos noventa euros con trinta e dous céntimos de euro (7.390,32 €), xunto cos xuros sinalados no fundamento xurídico terceiro, así como a devolución a Recreativos Mafari, S.L. dunha vitrina Inox H6 GI MAFARI N/S 5210019007, unha fritideira eléctrica ECO-4 N/S MF00017915, un lavavasos M42 con dosificador N/S DWB1033347, unha cafeteira Rancilio Epoca de 2 GR Gris N/S 0110110906, un muíño de café K-6 antracita paro automatic N/S 297498 e un muíño Gris Met. K-3 Elite P/A, e con imposición de custas á parte demandada».

E, encontrándose a dita demandada, Belén Rodríguez Carneiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto a fin de que sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial