Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8888

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (258/2015).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento xuízo verbal nº 258/2015, seguido por instancia da Comunidad de Propietarios del Edificio Rampa Riestra, nº 16, fronte a Roxanna Geoconda Figueroa Bermúdez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 4 de xuño de 2015.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente no xuízo verbal 258/2015 en reclamación da cantidade de 639,40 euros, no que é parte demandante a Comunidad de Propietarios del Edificio Rampa Riestra, nº 16, de Ourense, a quen asiste a letrada Sra. González, fronte a Roxanna Geoconda Figueroa Bermúdez, a cal non compareceu a xuízo malia ser citada mediante edictos.

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta pola Comunidad de Propietarios del Edificio Rampa Riestra, nº 16, de Ourense, fronte a Roxanna Geoconda Figueroa Bermúdez, e na devandita razón debo condenar e condeno esta última a aboar á demandante a cantidade de 639,40 euros.

En canto a xuros e custas, obsérvese o disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso de apelación por razón da contía a teor do disposto no artigo 455 da LAC na súa nova redacción.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose a devandita demandada, Roxanna Geoconda Figueroa Bermúdez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Ourense, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial