Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8893

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (145/2014).

María Isabel Parajo Martínez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, polo presente, anuncio:

Neste procedemento, JCB 145/2014, seguido por instancia de Pagaralia, S.L. fronte a Bretema Ocio e Tempo Libre, S.L. e Oxem Sports, S.L. ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Obxecto de xuízo: xuízo cambiario nº 145/2014

Parte demandante: Pagaralia, S.L.

Procuradora: Carmen Currás Calo

Letrado: Salvador M. Guillén Chiner

Parte demandada: Oxem Sports, S.L.

Parte demandada/demandante de oposición: Brétema Ocio e Tempo Libre, S.L.

Procurador: Francisco Javier Salmonte Rosendo

Letrado: José Manuel Saborido Martínez

Noia, 19 de xuño de 2015

Resolvo.

Que, desestimando integramente a demanda de oposición interposta polo procurador Sr. Salmonte Rosendo, actuando en nome e representación de Brétema Ocio e Tempo Libre, S.L. fronte á acción cambiaria exercida pola procuradora Sra. Currás Calo, en nome e representación de Pagaralia, S.L. contra Brétema Ocio e Tempo Libre, S.L, representada polo procurador Sr. Salmonte Rosendo, e contra Oxem Sports, S.L, debo decretar e decreto que continúe o proceso cambiario polos seus trámites, facendo constar que, se a presente resolución é impugnada, será provisionalmente executable conforme o disposto nesta lei (artigo 827 da LAC).

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais á demandante de oposición.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso interporase neste xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación.

Así o acorda, manda e asina, María Paz Rumbao Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia e o seu partido».

E, encontrándose o dito demandado, Oxem Sports, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Noia, 4 de setembro de 2015

A secretaria xudicial