Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8895

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (649/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 649/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Inés Pérez Carreira contra as empresas Promociones Riogali, S.L., Preisberk de Construcciones, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Dar por desistida a María Inés Pérez Carreira da súa demanda fronte a Promociones Riogali, S.L., Preisberk de Construcciones, S.L., o administrador concursal de Promociones Riogali, S.L., José Manuel Mosquera Sante e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Promociones Riogali, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial