Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8896

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (344/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 344/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Cebey Otero contra a empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante, María Cebey Otero, que comparece asistida do letrado Pedro Pedreira Candal e, doutra, como demandado, Rohyl Ervedelo 60, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia ter sido citadas en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome de S.M. o rei, a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta por María Cebey Otero contra a empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 68.498,64 €. En caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 53,62 €/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidadfe obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Rohyl Ervedelo 60, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial