Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7059

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (916/2014).

Margarita Caloto Goyanes, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, mediante este medio, anuncio:

No presente procedemento ordinario número 916/2014, seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representado pola procuradora Araceli Barrientos, fronte a Nelson David Conçalvez Fangueiro Regufe e Nelson David Gonçalvez Bermúdez, ditouse sentenza que é do teor literal seguinte:

«Sentenza: 126/2015.

Procedemento: xuízo ordinario 916/2014.

Obxecto: responsabilidade contractual.

Maxistrada: María de la Luz Álvarez Lagarón.

Demandante: Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A.

Procuradora: Araceli Barrientos Barrientos.

Letrado: Luis Sanjiao García.

Demandados: Nelson David Gonçalvez Fangueiro Regufe e Nelson David Gonçalvez Bermúdez.

Procurador/a: sen profesional asignado.

Letrado/a: sen profesional asignado.

Vigo, 25 de setembro de 2015

Resolución:

Declaro a non aplicación, por abusiva, da cláusula onde se fixan xuros de demora do 2 % mensual do contrato de financiamento ao comprador de bens mobles do 19.9.2007, subscrito entre Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. e Nelson David Gonçalvez Fangueiro Regufe e Nelson David Gonçalvez Bermúdez.

Acollo a demanda presentada por Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. contra Nelson David Gonçalvez Fangueiro Regufe e Nelson David Gonçalvez Bermúdez e condeno os demandados ao pagamento á demandante da cantidade de 6.824,80 euros, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC/00). O recurso interporase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, no cal o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.2 da LAC).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Estando os demandados, Nelson David Gonçalvez Fangueiro Regufe e Nelson David Gonçalvez Bermúdez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma a estes.

Vigo, 23 de outubro de 2015

A secretaria xudicial