Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7056

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (209/2015).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, por medio do presente edicto anuncio que este procedemento de garda, custodia e alimentos número 209/2015, seguido por instancia de Remedios Llorente Ortiz fronte a Antonio Javier Santos Santamaría, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 31/2016.

Ferrol, 2 de febreiro de 2015

Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do xulgado de Primera Instancia número 5 de Ferrol, despois de ver os autos correspondentes ao xuízo verbal de garda, custodia e alimentos de fillos menores de idade promovidos por Remedios Llorente Ortiz, representada polo procurador Sr. Manivesa e baixo a dirección letrada de Juan Pablo Pillado Mosquera, contra Antonio Javier Santos Santamaría, en rebeldía procesual, intervindo o Ministerio Fiscal, dita a presente sobre a base dos seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Ante este xulgado correspondeu por quenda demanda de garda, custodia e alimentos de fillos menores de idade promovida por Remedios Llorente Ortiz contra Antonio Javier Santos Santamaría, e na cal interesaba, logo de recibimento do preito a proba, o ditado dunha sentenza que con estimación da demanda adoptase as seguintes con relación á filla menor Claudia Santos Llorente:

1. Garda e custodia a favor da nai e patria potestade compartida.

2. O pai contribuirá á manutención da nena na contía de 300 €, que se satisfarán na conta corrente designada pola nai dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e actualizable segundo a variación porcentual do IPC e gastos extraordinarios por metade.

Segundo. Admitida a trámite, deuse traslado ao demandado e ao Ministerio Fiscal, e declarada a rebeldía procesual do demandado foron citadas as partes ao acto de xuízo, que tivo lugar nos termos que constan no soporte audiovisual adxunto aos autos.

Terceiro. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A proba practicada no acto de xuízo pon de manifesto a ausencia absoluta de relación entre o demandado e a menor, que desde o nacemento, practicamente, permaneceu baixo o seu coidado. O demandado non contactou en ningún caso coa nai ou a nena, nin directa nin indirectamente para interesarse polo seu estado e necesidades. Estímanse, en consecuencia, as medidas interesadas pola parte demandante, sen que proceda establecer un réxime de visitas a favor do proxenitor non custodio.

Segundo. Respecto da súa capacidade económica nada se coñece, ben que si podemos establecer, aínda cando sexa a título indiciario, que non parece ser titular dun gran patrimonio, pois noutro caso a información patrimonial obtida viría a reflectir algún tipo de ben ao seu nome. Non constan pensións ou subsidios de ningunha clase. Fíxase, en consecuencia, un mínimo vital inderrogable por debaixo do cal se compromete a propia subsistencia, e que se fixa en 200 €, máis gastos extraordinarios por metade.

Terceiro. Sobre a base do exposto, o previsto nos artigos 92, 93 e 142 CC en relación co artigo 770.6 da LAC e demais dereito invocado, admítese parcialmente a demanda sen condena en custas (artigo 394.2 da LAC).

Vistos os anteriores preceptos legais e demais de xeral e pertinente aplicación

Decido:

Que, estimando parcialmente a demanda promovida por Remedios Llorente Ortiz contra Antonio Javier Santos Santamaría, debo acordar e acordo as seguintes con relación á filla menor Claudia Santos Llorente:

1. Garda e custodia a favor da nai e patria potestade compartida, sen réxime de visitas.

2. O pai contribuirá á manutención da nena na contía de 200 €, que se satisfarán na conta corrente designada pola nai dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e actualizable segundo a variación porcentual do IPC e gastos extraordinarios por metade.

3. Gastos extraordinarios por metade.

Notifíqueselles ás partes con advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe recurso.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola Sra. xuíza que a subscribe, despois de celebrarse audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E encontrándose o dito demandado, Antonio Javier Santos Santamaría, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 11 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza