Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7061

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

CÉDULA de notificación (973/2014).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Susana Álvarez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, viu os autos sinalados co n° 973/2014, seguidos polos trámites de xuízo ordinario por instancia de Santander Consumer Finance, S.A., representada pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos e asistida do letrado Luis Sanjiao García, contra Evaristo Martínez Narciso, en rebeldía, e dita a seguinte resolución:

Que, aceptando a demanda formulada en autos de xuízo ordinario n° 973/2014, pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos, en nome e representación de Santander Consumer Finance, S.A., contra Evaristo Martínez Narciso, sobre incumprimento contractual, debo condenar e condeno o demandado a aboarlle á demandante a cantidade de sete mil seiscentos noventa e dous euros cun céntimo (7.692,01 euros), incrementada co xuro legal do diñeiro desde a data de presentación da demanda e con imposición ao demandado das costas procesuais causadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de 20 días a partir da súa notificación (artigo 458.1 da LAC), logo de depósito da suma de 50 € na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Únase esta resolución ao libro da súa clase e déixese nos autos testemuño dela.

Así, por esta miña sentenza, resolvendo en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Vigo, 30 de abril de 2015».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Evaristo Martínez Narciso, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 25 de maio de 2015.

O/a secretario/a xudicial