Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7062

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis

EDICTO de notificación de sentenza (225/2015).

Raquel Fernández Arbesú, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, anuncio:

Que no presente procedemento ordinario 225/2015 seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria Renting, Sociedad Anónima contra Juan Carlos Sánchez Rial foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Caldas de Reis, 10 de decembro de 2015.

Vistos por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Caldas de Reis e o seu partido, os presentes autos número 225/2015 sobre xuízo ordinario, seguidos ante este xulgado, por instancia da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria Renting, Sociedad Anónima, representada polo procurador dos tribunais señor Portela Leirós e asistida polo letrado señor Baltar Pombo, contra Juan Carlos Sánchez Rial, declarado en situación de rebeldía procesual, en exercicio de acción de reclamación de cantidade, declárase,

(Seguen antecedentes e fundamentos de dereito).

Decido

Que, estimando a demanda formulada polo procurador dos tribunais señor Portela Leirós, en nome e representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria Renting, Sociedad Anónima, contra Juan Carlos Sánchez Rial, declarado en rebeldía procesual e, na súa virtude, debo declarar e declaro que procedo a que o demandado aboe á demandante a cantidade de seis mil quiñentos noventa e seis euros con trinta e nove céntimos (6.596,39 euros), que se corresponden coas cotas vencidas e non pagas do contrato de litis e xuros de demora na data do feche de conta (20 de abril de 2015), así como os xuros legais producidos desde a devandita data (artigo 1108 do Código civil e 576 da Lei de axuizamento civil), todo con imposición das custas deste procedemento á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación, atendendo á contía do presente procedemento, superior a 3.000 euros, de conformidade co disposto no artigo 455, punto 1º da Lei de axuizamento civil, na súa redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E encontrándose o devandito demandado, Juan Carlos Sánchez Rial, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Caldas de Reis, 11 de decembro de 2015

A secretaria xudicial