Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (255/2014).

SSS seguridade social 255/2014

Sobre seguridade social

Demandante: José Manuel Gómez Barreiro

Avogado: Cándido Calo Amigo

Demandados: Electricidad Carlos, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Gas Natural Unión Fenosa, administración concursal de Electricidad Carlos, S.L., Pablo Arufe Espiña, Unión Fenosa Distribución

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 255/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Gómez Barreiro contra Electricidad Carlos, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a administración concursal de Electricidad Carlos, sobre seguridade social, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que, desestimando a demanda interposta por José Manuel Gómez Barreiro contra Electricidad Carlos, S.L., Unión Fenosa Distribución, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debo absolver e absolvo as anteriores de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Electricidad Carlos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial