Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5741

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1071/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1071/2012 por instancia de Mutua Gallega contra Ana Belén Outeiral Lorenzo, a empresa Miguel Ángel Novoa Miramonte, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Servizo Galego de Saúde, sobre determinación de continxencia, nos cales se ditou sentenza o 21 de xaneiro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Desestímase a demanda interposta pola Mutua Gallega fronte a Ana Belén Outeiral Lorenzo, Amadous Boiro, S.L. (desistida), Miguel Ángel Novoa Miramonte, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Servizo Galego de Saúde, xa que non procede realizar a declaración pretendida pola demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Miguel Ángel Novoa Miramonte expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial