Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1070/2014).

Maria Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1070/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fraternidad-Muprespa, Mutua de Trabajo y Accidentes Profesionales de la Seguridad Social contra Consignaciones Barbanza, S.L., Obras Marítimas y Submarinas Draga y Otras, sobre seguridade social, ditouse a sentenza cuxa resolución di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que foi interposta por Fraternidad Muprespa-Mutua de Trabajo y Accidentes Profesionales de la Seguridad Social, contra as entidades Consignaciones Barbanza, S.L., Madasa Estructuras y Construcciones, S.L., Diving Consultancy, S.L., Galacuatic, S.L., Técnica e Ingeniería Subacuática, S.A., Underwater Contractors Spain, S.L., Helioxcom Buceo Profesional, S.L. e Obras Marítimas y Submarinas, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as anteriores entidades de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Que debo estimar e estimo parcialmente, a demanda interposta por Fraternidad Muprespa-Mutua de Trabajo y Accidentes Profesionales de la Seguridad Social, contra el Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales e, en consecuencia, debo declarar e declaro a responsabilidade das anteriores entidades ao aboamento da prestación por incapacidade permanente total recoñecida a Germán Muñiz Vázquez, en virtude de Resolución do 7 de xullo de 2014, na porcentaxe do 50,39% a Mutua Fraternidade-Muprespa, do 32 % a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, do 10,21 % ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e do 7,39 % a Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras Marítimas y Submarinas Draga, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial