Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (14/2016).

Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 14/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Pilar Ríos Lamas contra a empresa Centro Enseñanza Aprendo, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza de data do 30.11.2015 a favor da parte executante, María Pilar Ríos Lamas, fronte a Centro Enseñanza Aprendo, S.L., parte executada, por importe de 45.166,34 euros en concepto de principal, máis outros 3.982,85 euros que se fixan en concepto de custas e honorarios.

Este auto, xunto con decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Centro Enseñanza Aprendo, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de no verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Centro Enseñanza Aprendo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2016

O secretario xudicial