Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (208/2015).

Eu, Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 208/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Lahcen Sahamoudi contra a empresa Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Acordo:

a) Declarar as executadas Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A. en situación de insolvencia por importe de 6.705,02 euros, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2016

O secretario xudicial