Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (94/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de terzaría de dominio 1/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santander Consumer Renting, S.L. contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Raúl Ramón Buján Olveira, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, catorce de xaneiro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Neste xulgado séguense autos de execución de título xudicial nº 94/2015 por instancia de Ramón Buján Olveira contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L., en execución do decreto do 3.12.2014 ditado por este xulgado nos autos de despedimento nº 649/2014, no cal se aprobou a avinza alcanzada entre as partes no acto de conciliación celebrado no devandito procedemento no 2.12.2014.

Segundo. A execución despachouse por auto do 13.4.2015 a favor da parte executante, Raúl Ramón Buján Olveira, contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., parte executada, de 8.982,99 euros de principal (6.525,43 euros de salarios de trámite + 1.890,43 euros de salario de mes de xullo de 2014, maís 567,13 euros correspondente ao 30 % da nómina do mes de maio de 2014) e de 898,29 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O día 13.4.2015 ditouse, así mesmo, o decreto de medidas executivas con requirimento de pagamento ás executadas e requirimento de manifestación de bens e dereitos suficientes para cubrir a execución.

Terceiro. Por decreto do 11.5.2015, despois de realizarse indagación patrimonial das executadas, acordouse decretar o embargo dos bens seguintes:

– Contas bancarias: embargar saldos favorables á executada en contas abertas ao seu nome en cantas entidades financeiras subscribisen ao día da data o convenio de colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial, procedendo a dar de alta a solicitude de embargo telemático e unindo a seguir o correspondente xustificante.

– Vehículo: embargar os vehículos titularidade da executada Talleres J.M. Fernández marca Suzuki, modelo SX4, con matrícula 9584HTH, e número de bastidor TSMJYB82S00103647; titularidade da executada SS Fernández concesionario marca Hyundai, modelo I30, matrícula 4212HTK Y, número de bastidor TMAD351UAEJ102773, marca Hyundai modelo I10, matrícula 0974HJD e número de bastidor MALAM51BACM069941; vehículo Hyundai, modelo I30, matrícula 0388HNW, e número de bastidor TMAD381UAEJ019736, expedindo, para tal efecto, mandamento dirixido ao rexistro de bens mobles para proceder á anotación preventiva de embargo e oficio á oficina local de Tráfico de Santiago para proceder ao precinto dos vehículos anteriormente indicados.

Cuarto. O día 23.7.2015 Santander Consumer Renting, S.L. presentou ante este xulgado solicitude de terzaría de dominio respecto dos bens seguintes que foron obxecto de embargo na execución: vehículo marca Hyundai modelo I30, chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736 matrícula 0388HNW, e vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773 matrícula 4212 HTK.

Quinto. Por auto do 29.9.2015 admitiuse a trámite a solicitude de terzaría de dominio, con suspensión das actuacións de execución ata a resolución do incidente, e acordouse citar ás partes a comparecencia incidental.

Sexto. Á comparecencia asistiron a parte executante e a solicitante da terzaría, sen comparecer a parte executada nin o Fogasa, a pesar de constaren citados en legal forma. Aberto o acto, as partes formularon as alegacións e peticións que tiveron por convenientes e, após a práctica da proba, quedaron os autos vistos para ditar resolución.

Sétimo. Na tramitación dos autos observáronse as formalidades legais esenciais.

Feitos probados.

Primeiro. Santander Consumer Renting, S.L. comprou á entidade SS Fernández Concesionario, S.L. en xaneiro de 2013 o vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736, que resultou matriculado con matrícula 0388HNW. Consta que o 30.1.2013 a entidade vendedora emitiu factura por importe de 15.481,36 euros. (doc. 5 achegado á solicitude de terzaría, en relación con datos da indagación patrimonial para contrastar número de bastidor e número de matrícula).

Segundo. O día 1.2.2013 Santander Consumer Renting, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L. celebraron contrato de arrendamento de vehículos a longo prazo en póliza nº 6B7A20130000410 intervida polo notario Carlos Sebastián Lapido Alonso, sobre o vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736. Tense por integramente reproducido o contido do contrato de arrendamento celebrado por constar anexo ao documento 2 da solicitude de terzaría.

Terceiro. O vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736, que resultou matriculado con matrícula 0388HNW, consta inscrito no rexistro da Dirección Xeral de Tráfico como da titularidade de SS Fernández Concesionario, S.L. (non controvertido e indagación patrimonial).

Cuarto. Santander Consumer Renting, S.L. comprou á entidade SS Fernández Concesionario, S.L. en outubro de 2013 o vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773, que resultou matriculado con matrícula 4212HTK. Consta que o 31.10.2013 a entidade vendedora emitiu factura por importe de 17.866,86 euros. (doc. 4 anexo á solicitude de terzaría, en relación con datos da indagación patrimonial para contrastar número de bastidor e número matrícula).

Quinto. O día 4.11.2013 Santander Consumer Renting, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L. celebraron contrato de arrendamento de vehículos a longo prazo na póliza nº 6B7A20130005984 intervida polo notario Carlos Sebastián Lapido Alonso, sobre o vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773. Tense por integramente reproducido o contido do contrato de arrendamento celebrado por constar anexo ao documento 3 da solicitude de terzaría.

Sexto. O vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773, que resultou matriculado con matrícula 4212HTK, consta inscrito no Rexistro da Dirección Xeral de Tráfico como da titularidade de SS Fernández Concesionario, S.L. (non controvertido e indagación patrimonial).

Sétimo. O 16 de abril de 2015 a entidade SS Fernández concesionario, S.L. entregou a Santander Consumer Renting, S.L. os vehículos Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736 matrícula 0388 HNW e Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773 matrícula 4212HTK (docs. 6 e 7 achegados á solicitude de terzaría).

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A entidade Santander Consumer Renting, S.L. presentou solicitude de terzaría de dominio no presente procedemento de execución alegando que dous dos bens/vehículos embargados son da súa propiedade e non de propiedade das executadas, dado que Santander Consumer Renting, S.L. adquiriu ambos os dous vehículos coa finalidade exclusiva de ceder o seu desfrute á mercantil SS Fernández Concesionario, S.L., despois de facer pagamento íntegro do prezo de venda concertado e convindo despois con SS Fernández Concesionario, S.L. un contrato de arrendamento de vehículos a longo prazo (renting) sobre ambos os dous vehículos, cuxo obxecto é unicamente a cesión do uso e desfrute destes á entidade arrendataria a cambio dun prezo certo e por tempo determinado, pero sen desprenderse da propiedade destes a entidade arrendadora en ningún momento e conservando en todo momento as facultades dominicais sobre eles, polo que é a súa única e lexítima propietaria, e a entidade arrendataria debe devolver os vehículos á entidade de renting ao finalizar o contrato, que é de de aluguer puro, sen opción de compra. De modo que é a propietaria dos vehículos, sen que a iso obste o feito de que os contratos de renting non estean inscritos no Rexistro de Bens Mobles, pois non é obrigatorio, nin o feito de que os vehículos fosen matriculados baixo a filiación da entidade arrendataria, o que unicamente comportaría que esta poida ser considerada como titular do vehículo para efectos administrativos, pero non comporta dominio sobre os vehículos, dado que o Rexistro Xeral de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico e o Rexistro Arquivo da Xefatura Provincial de Tráfico teñen carácter puramente administrativo e os datos que neles figuren non prexulgan as cuestións de propiedade que se poidan suscitar en relación cos vehículos rexistrados, motivos polos cales considera que o embargo acordado sobre os dous vehículos referidos foi imposto indebidamente e procede o seu levantamento con todos os seus efectos.

Ás alegacións e pretensións da solicitante da terzaría de dominio opúxose a parte executante alegando, pola súa banda, que debe manterse o embargo dado que no decreto que así o acorda se indica que os vehículos están inscritos a nome da entidade executada, e sen que consten os contratos de arrendamento que refire Santander Consumer Renting, S.L. inscritos no rexistro de bens mobles, e que debe manterse o embargo polo menos mentres non conste de forma clara a propiedade do terceirista.

Segundo. Os feitos declarados probados ut supra inferíronse apreciando en conciencia as probas practicadas na comparecencia incidental celebrada, segundo as regras da sa crítica, conforme os principios de inmediación e oralidade, en concreto da proba documental presentada polas partes e ex artigo 281 LAC canto aos aspectos non controvertidos, nos termos que se deixaron indicados na propia parte de feitos probados e indicando a proba de que se infire cada un deles, o que se ten por reproducido co fin de evitar reiteracións.

Terceiro. A terzaría de dominio está regulada no artigo 260 da LRXS e a súa finalidade é o exercicio dunha acción que tende ao levantamento do embargo que pesa indebidamente sobre un ben para excluílo da vía de constrinximento, polo que o demandante na terzaría de dominio ten obriga de xustificar cumpridamente, ademais da súa condición de terceiro, a titularidade do ben embargado, así como a adquisición, a través desa titularidade, do dominio da cousa con anterioridade á realización do embargo. De modo que, por medio da terzaría de dominio, un terceiro distinto do executado, invocando o dominio sobre un ben embargado, pode solicitar do xulgado que o embargou o levantamento dun embargo por ser da súa pertenza con anterioridade ao embargo, e neses casos o xulgado do social, após a comparecencia e probas que se practiquen, resolve por auto se procede ou non levantar o embargo sobre o ben, aliviando o terceirista de ter que acudir á xurisdición civil, única competente para declarar o dominio sobre os bens embargados.

A terzaría laboral éo só para efectos prexudiciais, é dicir, co obxectivo exclusivo de decidir acerca de se prosegue ou se se levanta o embargo do ben a que se refire, pero non para os efectos de declarar en quen reside a súa titularidade. A orde xurisdicional civil é a que pode entender con plenitude da auténtica terzaría de dominio, con independencia de que, ao termo desta, quede sempre expedita a opción ao xuízo declarativo correspondente, dirimente dos dereitos dominicais en xogo (STS do 11 de marzo de 1999). A resolución que dite, por tanto, o xuíz do social, dado que se emite só para os efectos prexudiciais, non produce efectos fóra do proceso e as partes poden acudir ao xuíz civil en procedemento declarativo ordinario para que dilucide definitivamente a contenda.

No presente caso, atendendo ao resultado da proba practicada, foi acreditada a condición de terceiro da sociedade instante do incidente, Santander Consumer Renting, S.L., por canto da documental presentada se infire a pertenza a esta dos dous vehículos obxecto de embargo sobre os cales versa a terzaría e con anterioridade ao embargo. Así, débese ter en conta que no presente incidente quedou probado que Santander Consumer Renting, S.L. comprou á entidade SS Fernández Concesionario, S.L. en xaneiro de 2013 o vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736, que resultou matriculado con matrícula 0388HNW, e consta emitida en relación coa devandita compra a factura do 30.1.2013 por importe de 15.481,36 euros, e que, así mesmo, lle comprou en outubro de 2013 o vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773, que resultou matriculado con matrícula 4212HTK, e consta emitida a factura da devandita compra de 31.10.2013 por importe de 17.866,86 euros; e quedou igualmente probado que os días 1.2.2013 e 4.11.2013 Santander Consumer Renting, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L. celebraron senllos contratos de arrendamento de vehículos a longo prazo, en póliza nº 6B7A20130000410 e póliza nº 6 B7A20130005984 intervidas por notario, sobre o vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736 e o vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773 respectivamente, apreciándose do teor dos devanditos contratos que estes son de renting, de arrendamento puro, polos cales a entidade arrendadora unicamente cedeu á arrendataria o uso e desfrute dos vehículos, sen opción de compra e conservando a arrendadora as facultades dominicais sobre estes e con obriga de devolver os vehículos á entidade arrendataria á finalización do contrato. Da documental achegada infírese que o contrato asinado entre as partes é un contrato de renting e non un arrendamento financeiro ou outra modalidade en que se inclúa opción de compra ou que poida suscitar dúbidas acerca da verdadeira titularidade dominical do ben. O renting defínese na xurisprudencia do Tribunal Supremo (entre outras, STS do 19 xaneiro 2000) como aquel contrato “polo cal unha entidade financeira asume o risco dun investimento en bens de equipamento, cedendo en arrendamento, é dicir, única e exclusivamente o uso do adquirido, ao arrendatario, quen llo arrenda mediante o prazo e cotas mensuais pactadas, mantendo a arrendadora a propiedade do ben, é dicir, sen opción de compra ao finalizar o contrato”, de modo que no contrato de renting o arrendador adquire o ben, pero transfire o seu uso e desfrute, en sede propiamente arrendaticia, ao arrendatario para que o utilice, asumindo, de ordinario, o propio arrendador a obriga de mantemento que é, como reiterou a xurisprudencia, consubstancial ao contrato de renting, que foi caracterizado como contrato de natureza netamente mercantil polo cal unha das partes, o empresario de renting ou arrendador, se obriga a ceder á outra o uso dun ben por tempo determinado a cambio dun prezo, e é por conta do arrendador o mantemento por si ou por medio dun terceiro, integrando as obrigas propias do arrendamento, de cesión temporal de uso do ben mediante prezo, xunto con outras propias da prestación de servizos, por canto é consubstancial a el a asunción do mantemento dos bens cedidos polo arrendador ou empresa de renting, o que leva consigo na práctica a súa reparación durante toda a vixencia do contrato, garantindo a súa permanente dispoñibilidade ao arrendatario, de aí que se inclúa a súa substitución por outro similar, ben de modo definitivo ou mentres dure o arranxo do primeiro.

De modo que, aínda cando os contratos de arrendamento non figuran inscritos no rexistro de bens mobles e constan ambos os dous vehículos inscritos no Rexistro da Dirección Xeral de Tráfico como de titularidade da entidade SS Fernández Concesionario, S.L., quedou acreditada, non obstante, a condición de terceiro de Santander Consumer Renting, S.L., dado que xustificou a titularidade dos dous vehículos obxecto de embargo. Ao respecto, o artigo 260.1 da LRXS dispón que “o terceiro que invoque o dominio dos bens embargados, adquirido con anterioridade ao seu embargo, poderá pedir o levantamento do embargo ante o órgano xurisdicional social que coñeza da execución e que para os meros efectos prexudiciais resolverá sobre o dereito alegado, levantando, se for o caso, o embargo,”. Neste caso, os documentos de arrendamento en que se apoia o terceirista terán efecto probatorio dado que ambos os dous fan proba respecto á súa data –art. 1227 CC– pois ambos dous os contratos de arrendamento están subscritos en póliza intervida por notario, e a través de ambos os dous contratos –en conxunción coas facturas de compra dos vehículos– cabe inferir a titularidade dominical de Santander Consumer Renting, S.L. sobre os dous bens. Débese ter en conta que, se ben é certo que ambos os dous vehículos constan rexistrados na Dirección Xeral de Tráfico a nome de SS Fernández Concesionario, S.L., e que fronte á titularidade que dimana de rexistros públicos non é posible contrapoñer a que nace de pactos ou contratos creados no ámbito íntimo e privado dos contratantes, pois os devanditos documentos tan só obrigan os que sexan parte neles, iso queda a salvo dos supostos en que se produce unha acreditación fiable e fidedigna do seu nacemento e da data en que esta se produce, o cal sucedeu no caso de autos en que consta acreditado que entre o terceirista e a executada mediou acto de transmisión dominical dos vehículos afectados de embargo con anterioridade á data da súa imposición, pois coas facturas presentadas en autos –non impugnadas pola parte executante– e as pólizas de arrendamento intervidas por notario –tampouco impugnadas–, por tanto, con documentos non inscritos rexistro público pero si con intervención contrastada de terceiros, xustificouse a efectividade da transmisión de dominio dos vehículos a favor de Santander Consumer Renting, S.L. en data anterior ao embargo producido na execución de que dimana este incidente.

Polo exposto, a demanda de terzaría debe ser estimada, para os meros efectos prexudiciais, con alzamento do embargo acordado sobre os bens afectados.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Debo estimar e estimo, para os meros efectos prexudiciais, a demanda de terzaría de dominio interposta por Santander Consumer Renting, S.L. fronte ás partes deste procedemento de execución de títulos xudiciais nº 94/2015 sobre os seguintes bens: vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736 matrícula 0388HNW, e vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773 matrícula 4212HTK; e, en consecuencia, debo declarar e declaro que procede levantar o embargo acordado nas presentes actuacións sobre os referidos vehículos.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos principais de execución de título xudicial nº 94/2015 deste xulgado, para a súa constancia para os efectos oportunos e, unha vez firme, procédase ao levantamento do embargo acordado no procedemento referido sobre os seguintes bens: vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD381UAEJ019736 matrícula 0388HNW, e vehículo marca Hyundai modelo I30 chasis/bastidor TMAD351UAEJ102773 matrícula 4212HTK. Expídanse para o efecto os mandamentos oportunos.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de reposición no prazo dos tres días seguintes á súa notificación con expresión da infracción en que a xuízo do recorrente tiver incorrido a resolución impugnada (art. 186 e 187 da LXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de resolucións definitivas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño. Lévese testemuño da presente resolución aos autos de execución de título xudicial nº 94/0215 seguidos ante este xulgado, para a súa constancia e, unha vez firme esta, procédase ao arquivamento da presente peza separada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial