Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4343

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (278/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 278/2015

Procedemento orixe: despido/ceses en xeral 407/2015

Sobre despedimento

Demandante: Purificación Sande Fernández

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandados: Nova Albariza, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 278/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Purificación Sande Fernández contra Nova Albariza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por parte dePurificación Sande Fernández presentouse solicitude de execución de títulos xudiciais fronte a Nova Albariza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, atendendo á devandita solicitude, o 27.11.2015 este órgano xudicial ditou auto en que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 19.019,28 euros de principal e de 1.901,92 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Nova Albariza, S.L., realizada mediante decreto do 4.12.2014, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Santiago de Compostela.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse en data decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións e que pode ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que deberá entenderse provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Nova Albariza, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 19.019,28 euros de principal e de 1.901,92 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e debe indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación «recurso» seguida do «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pollos Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial