Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (512/2014).

SSS Seguridade social 512/2014

Procedemento orixe: ordinario 512/2014

Sobre ordinario

Demandante: Mutual Midat Cyclops

Avogado: Luis Manuel Rodero Díaz

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 512/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Servicios Agrarios Betanzos Ferrolterra, S.L., sobre reintegro de prestacións, se ditou sentenza cuxa resolución di que, estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola mutua Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 1 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Servicios Agrarios Betanzos Ferrolterra, debo condenar e condeno a empresa Servicios Agrarios Betanzos Ferrolterra a que lle reintegre á mutua a cantidade de 1.826,89 € en concepto de asistencia sanitaria e prestacións de incapacidade temporal, derivada do proceso de incapacidade temporal e asistencias aboadas por ela aos traballadores desta entidade, como consecuencia dos accidentes de traballo sufridos, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Para que lle sirva de notificación en legal forma a Servicios Agrarios Betanzos Ferrolterra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial