Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4047

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (829/2015).

Nos autos de xuízo sobre delitos leves seguidos ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido, con número 829/2015, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Ribeira, 9 de novembro de 2015.

Vista por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, en audiencia pública, a presente causa do xuízo por delitos leves número 829/2015 por lesións do artigo 147.2 do Código penal, coa intervención do Ministerio Fiscal na persoa de Ana Robles, e en que foron partes denunciantes Daniel Silva, quen compareceu por si mesmo, e partes denunciadas Amancio Gonçalves Rodrigues, quen no compareceu malia estar citado ao xuízo, e Raquel Souto Miguens, quen compareceu asistida polo letrado Francisco Iglesias.

Resolución:

Que debo absolver e absolvo, con todos os pronunciamentos favorables, a Raquel Souto Miguens do delito leve de lesións do artigo 147.2 del Código penal que inicialmente se lle imputaba, con declaración de oficio das custas procesuais.

Que debo absolver e absolvo, con todos os pronunciamentos favorables, a Amancio Gonçalves Rodrigues do delito leve por lesións do artigo 147.2 do Código penal que inicialmente se lle imputaba, con declaración de oficio das custas procesuais.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á súa notificación para cuxo efecto deberá presentarse no dito prazo escrito expoñendo as razóns en que se funde o recurso e que deberá substanciarse conforme o previsto nos artigos 790 a 792 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentenza, da que levará certificación ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en forma a Amancio Gonçalves Rodrigues, con domicilio descoñecido, estendo e asino a presente.

Ribeira, 11 de xaneiro de 2016

O/a secretario