Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (286/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 286/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Ferreiro Naviera contra a empresa Instalaciones Eléctricas Núñez Jaspe, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre procedemento ordinario se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e decisión din:

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 286/2013 sendo parte neste, dun lado, como demandante, José Ferreiro Naviera asistido polo letrado Marcos Tabora García e, como demandado, a mercantil Instalaciones Eléctricas Núñez Jaspe, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma, e o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome de S.M. O Rei, a seguinte sentenza:

Decido que estimando a demanda interposta polo demandante José Ferreiro Naviera, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Instalaciones Eléctricas Núñez Jaspe, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 20.835,35 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Eléctricas Núñez Jaspe, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial