Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4045

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (119/2014).

XVB xuízo verbal 119/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre verbal arrendaticio

Demandante: Matilde Isabel Carpente Fraga

Procurador: Rafael Delgado Rodríguez

Avogada: María Eugenia Piñeiro Varela

Demandado: Fernando Moreno Pan

Eu, María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, polo presente edicto, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Matilde Isabel Carpente Fraga fronte a Fernando Moreno Pan ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 16 de abril de 2015

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, os presentes autos de xuízo verbal, con número 119/2014, seguidos por instancia de Matilde Isabel Carpente Fraga, representada polo procurador Sr. Delgado Rodríguez e baixo a dirección letrada da Sra. Piñeiro Varela contra Fernando Moreno Pan en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Matilde Isabel Carpente Fraga fronte a Fernando Moreno Pan e, en consecuencia, debo condenar e condeno este último a aboarlle á demandante a cantidade de 4.503,74 euros máis os xuros legais que procedan de acordo co disposto no fundamento de dereito segundo da presente resolución, así como as custas do presente proceso.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá perante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, para o cal será necesario que se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino».

Ao se encontrar o demandado, Fernando Moreno Pan, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación.

Betanzos, 9 de setembro de 2015

A secretaria xudicial