Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, polo que se notifican os acordos adoptados de inicio de procedemento de perda do dereito ao cobramento e de inicio de procedemento de reintegro das subvencións concedidas ao expediente AFD 2013/000015-0, regulado na Orde do 31 de decembro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 21 de xaneiro).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, notifícanselle á entidade relacionada no anexo os acordos adoptados de inicio de procedemento de perda do dereito ao cobramento e de inicio de procedemento de reintegro das subvencións concedidas.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro dos acordos e a constancia de tal coñecemento.

Segundo o disposto polo artigo 77.2 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días para que alegue ou achegue os documentos que considere pertinentes. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos para formular alegacións ou achegar documentos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

1. Entidade: Azetanet, S.L.

Enderezo: praza de Recife, 5, 3º A, 15004 A Coruña

Nº expte.: AFD 2013/000015-0.

Curso: 1986.

Acto que se notifica: acordo de inicio de procedemento de perda do dereito ao cobramento e de inicio de procedemento de reintegro.

Data do acto: 16 de decembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigos 25.7, 28.I.1.C.a), 28.I.1.E, 28.IV da citada Orde do 31 de decembro de 2012, e o artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade sobre a cal se acorda a perda do dereito ao cobramento: 13.573,54 €.

Cantidade para reintegrar: 4.985,84€.

2. Entidade: Azetanet, S.L.

Enderezo: praza de Recife, 5, 3º A, 15004 A Coruña

Nº expte.: AFD 2013/000015-0.

Curso: 1989.

Acto que se notifica: acordo de inicio de procedemento de perda do dereito ao cobramento e de inicio de procedemento de reintegro.

Data do acto: 16 de decembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigos 25.7, 28.I.1.C.a), 28.I.1.E, 28.IV da citada Orde do 31 de decembro de 2012, e o artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade sobre a cal se acorda a perda do dereito ao cobramento: 27.428,08 €.

Cantidade para reintegrar: 4.771,08 €.